Alumnado de Barro, Cuntis, Moraña e Portas resaltan os hábitos de vida saudables
Por Redacción
Os concellos de Barro, Cuntis, Moraña e Portas celebran este domingo 7 de abril o Día Mundial da Saúde.
A iniciativa forma parte do proxecto de prevención de drogodependencias e outras condutas adictivas en colaboración coa Consellería de Sanidade.
O alumnado de segundo de Primaria dos colexios Aurelio Marcelino de Cuntis, Santa Lucía de Moraña, Domingo Fontán de Portas e Amor Ruibal de Barro participaron no terceiro certame de debuxos saudables.
Os traballos serán expostos na Casa da Cultura ou biblioteca de cada concello.
Nestes traballos o alumnado resalta os hábitos e estilos de vida saudables que permiten reducir a incidencia de enfermidades e mellorar a nosa saúde física, psicolóxica e social.