O Concello de Cuntis expropia o vial do polígono industrial da Ran
Por Redacción
O Pleno da corporación municipal do Concello de Cuntis aprobou por unanimidade o inicio do expediente de expropiación do vial do polígono industrial da Ran.
Iníciase así un proceso complexo para dar seguridade xurídica a esta zona empresarial.
Os terrenos se atopaban en réxime de cesión polas comunidades pasando así con este trámite a ser propiedade do concello.
Este procedemento foi acordado coa veciñanza no seu día unha vez que se iniciaron os trámites de mellora, cunha obra que supón unha inversión de 540.000 euros.