Asfaltan tres quilómetros de pistas en Noalla e Vilalonga cun investimento de 91.000 euros
Por Redacción
Esta semana rematarán os traballos de asfaltados dunha pista no Castro, Noalla; e outra en Bruñeira, Vilalonga, segundo a previsión do goberno local de Sanxenxo.
No primeiro caso trátase de mellorar o acceso de veciños as súas casas. A pista conta cunha lonxitude de 1.500 metros e o orzamento supera os 48.000 euros.
A outra pista une os lugares de Bruñeira e Lagarei, en Vilvalonga. Presenta unha lonxitude dun quilómetro e investíronse na mellora viaria 43.000 euros.
Nos vindeiros días comezarán os traballos en dúas pistas de Adina, unha en Canelas, e outra en Catadoiro cara a depuradora de Paxariñas.
Estas actuacións agrúpanse nos 440.000 euros de investimento do orzamento de 2019, que o goberno de Telmo Martín destina a reformas na zona do rural nas que se inclúen desde asfaltado a melloras nas redes de auga, saneamento e de alumeado público.