A Cámara de Comercio, preocupada pola "inseguridad jurídica" de relevancia internacional que provoca o caso Ence
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
José García Costas, presidente da Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía, acompañado dos altos cargos do organismo cameral e por distintos representantes empresariais, expresaba este luns a súa preocupación polas "graves" repercusións que se derivarían para Pontevedra e para Galicia se Ence abandona a ría de Pontevedra.
Os dirixentes da cámara manifestaron a súa profunda sorpresa e malestar polo "inxustificable repentino cambio" de criterio da Dirección Xeral de Sostenibilidade da Costa e do Mar ao renunciar a defender a súa propia decisión de prorrogar a concesión á factoría de celulosa.
Eduardo Barros, vicepresidente cameral, sinalou que esta decisión ten unha repercusión internacional xa que provoca inseguridade xurídica para as empresas ao supoñer un cambio arbitrario no criterio que se manifestara ata o momento.
Alertan de que as indemnizacións e compensacións que tería que pagar o Estado superan os 130 millóns de euros en caso de se anular a prórroga para que a fábrica abandone Lourizán. A este coste económico suman a perda de máis de 400 postos de traballo directos e máis de 2.700 postos en empresas contratistas directamente vencelladas. Pero tamén, os problemas que xeraría para o monte galego, xa que entenden que Ence é a empresa tractora do sector forestal en Galicia. Costas indicous que a súa desaparición provocaría a caída en picado da "produción madereira".
Pola súa parte, Javier Touza, vicepresidente da Cámara, quixo lembrar que Ence está a traballar cos maiores requisitos medio ambientais establecidos en Europa. Afirmou que é unha das dúas únicas empresas europeas que branquean a celulosa con auga oxixenada e non con cloro. Tamén lembrou que hai cinco praias con distintivo azul nesta contorna da ría e que existen dous importantes bancos marisqueiros nas súas inmediacións.
O presidente da cámara anunciou que estudan accións xurídicas e afirmou que "deben tomarse todas as medidas necesarias" para que se consolide a continuidade da actividade de Ence, restablecendo a seguridade xurídica.
Eduardo Barros insistiu en que é inviable o traslado dentro da comarca "por sentido común" e sinalou que hoxe en día a empresa marcharía a terceiros paises. Agradecu os traballadores de Ence en Navia que rexeiten o investimento alí en apoio ao persoal da fábrica pontevedresa.
Para rematar, Barros preguntouse por que ninguén fala do día seguinte á desaparición da fábrica en Pontevedra: "¿quién va a invertir ahí?", asegurando que o achantamento por parte da Avogacía do Estado encádrase nunha clave electoral e que "Ence no se va a ir".
Relacionadas:
-
Antonio Casal, Lucía Casal e Eduardo Barros, as caras pontevedresas na Cámara de Comercio
Por Redacción |
-
José María Corujo vence nas eleccións en AEMPE, marcadas pola polémica
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
"Convencemento total" do director de Ence-Pontevedra de que os tribunais garantirán a prórroga na Ría
Por María José Pita |
-
A Cámara de Comercio e ENCE volven premiar a innovación forestal con 11.000 euros
Por Redacción |
-
O Parlamento galego insta o Estado a que retire a modificación "caprichosa" do regulamento da Lei de Costas
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Transportistas de ENCE protestarán cunha caravana de camións
Por Oskar Viéitez |
-
Os empresarios aseguran que "defendiendo a ENCE defendemos la marca España"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
100 euros por cabeza para que o persoal de Ence entre na batalla xudicial sobre a prórroga
Por Redacción |
-
Rexeitamento municipal a que Pontevedra retire o recurso contra a prórroga de ENCE nos tribunais
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Feijóo asegura que a decisión do Estado sobre ENCE pon en perigo a bateas, conserveiras e depuradoras
Por Oskar Viéitez |
-
Os 250 millóns de euros que ENCE ía investir en Pontevedra serán para Navia
Por Oskar Viéitez |
-
A patronal apoia a ENCE e alerta da "gran repercusión" que tería o seu peche en Pontevedra
Por Redacción |