Pontevedra ten censados máis de 12.000 cans
Por Oskar Viéitez
A asociación animalista Libera e a Fundación Franz Weber sinalaron que o REGIAC, o rexistro de animais domésticos, cuantifica uns 12.023 cans con microchip o pasado ano en Pontevedra.
A esta cifra habería que sumar os cans que seguen sen a obrigada identificación.
Estes colectivos animalistas critican que non existan espazos de esparexemento adaptados a esta poboación animal.
Ademais inciden en que, máis de dous anos despois e con dieciseis mil asinas avalando, o Concello de Pontevedra segue sen ter aprobada a ordenanza de Protección Animal, a pesar de que o pleno municipal aprobou unha moción para instar o goberno a elaborar esta nova norma, sendo a cidade do Lérez a única capital de provincia que carece deste marco legal.
Os animalistas subliñan ademais a necesidade de "blindar" o traballo de xestión de poboación, saúde e limpeza das colonias de gatos ferales, así como mellorar a protección das mesmas tendo en conta que nos últimos anos denunciáronse episodios de envelenamento contra estes seres vivos, a pesar de que forman parte dun programa municipal que fomenta a súa esterilización e saneamento.
Para logralo ambos os dous colectivos están a traballar no catálogo de propostas que formularán ás diferentes candidaturas que se presenten o próximo 26 de maio á corporación local, co obxectivo de que as políticas de protección animal e convivencia atopen maior peso no futuro goberno de Pontevedra.