Mulleres pontevedresas montan a Plataforma polo Dereito ao Aborto e organizan actos de sensibilización cidadá
Por Redacción
Diferentes colectivos políticos, sindicais, sociais e veciñais de Pontevedra formaron a sección local da Plataforma galega polo dereito ao aborto que durante esta semana organizarán diferentes actos encamiñados a crear sensibilización entre os cidadáns para que asistar á manifestación do próximo domingo 16 de xuño en Santiago de Compostela na que haberá múltiples actividades coa participación de artistas. As integrantes da Plataforma din que nela non hai representantes do PP " porque non quixeron e iso que foron invitados".
Durante estes días, as representantes da Plataforma repartirán folletos informativos nas facultades, centros de secundaria, prazas e rúas da cidade co manifesto sobre o aborto libre da organización. Este colectivo quere chegar, sobre todo, á xente nova porque consideran que son as que se ven máis afectadas por este recorte de dereitos que supoñería a aprobación dunha nova lei do aborto máis restritiva.
Para ofrecer información sobre o aborto e sensibilizar os cidadáns ante a actividade, a Plataforma organizará tamén para este venres 14 na Casa dás Campás unha mesa redonda sobre o aborto que comezará ás 20:15 horas. Nela participará un psicólogo do centro de orientación familiar, unha muller que comente as situacións que se vivían antes de que se aprobase a lei do aborto en España e unha xinecóloga que falará sobre a perspectiva médica.
O colectivo sinalou na presentación destas actividades, a través da concelleira Carmen Fouces, que terán continuidade nas próximas semanas que as mulleres "somos soberanas da nosa entidade e non pode vir ninguén a decidir o que temos que facer. Non matamos seres humanos. Iso é mentira. Temos que loitar contra a dereita que ten un medo atroz a que as mulleres sexamos libres e esteamos organizadas". Critican ademais a presenza de valados "pagadas con cartos públicos" con mensaxes nas que se pide ao ministro Gallardón que "leve adiante a lei de aborto cero"