Condenado un matrimonio pontevedrés por maltratar á sogra
Por Oskar Viéitez
A Sección Cuarta da Audiencia de Pontevedra ratificou unha condena de dous anos de prisión para un matrimonio da cidade do Lérez por maltratar de maneira habitual a unha muller de 84 anos de idade, nai do home, á que agora deberán indemnizar con 2.500 euros polos danos morais que sufriu.
A parella foise a vivir, xunto o seu fillo menor, á casa da avoa.
O tribunal provincial considera probado que o matrimonio tiña un "trato vexatorio e humillante continuo" coa sogra, chegando a arrinconala na súa habitación e desatendendo calquera coidado cara a ela.
Os maxistrados pontevedreses creron as declaracións da vítima respecto da situación vivida a partir do mes de agosto de 2016 e ata o 21 abril de 2017, data na que foi ingresada no Hospital Provincial, nas que, segundo recolle a sentenza, "non se apreciou contradición algunha, cualificando tal testemuño como coherente, claro, rectilíneo e carente de esaxeracións" resultando ademais avalado polo relato dunha testemuña presencial.
A situación saíu á luz despois de que se botase en falta a esta muller tras un par de días, alertouse aos servizos sociais do Concello e a unha coñecida que atopou á muller tirada no chan da súa habitación.
O matrimonio foi desaloxado da vivenda da vítima e teñen prohibido volver.