Veciños da Caeira reclaman lombos para evitar as manobras perigosas dalgúns condutores
Por Oskar Viéitez
Un grupo de veciños da Caeira puxo en coñecemento da Policía Local de Poio as súas queixas polas perigosas manobras dalgúns condutores que circulan pola PO-310 ao seu paso por esta urbanización.
As denuncias dos residentes céntranse en dous puntos especialmente conflitivos, a rotonda entre as rúas Antelo Mariño e José Pernas Pena e o cruzamento da antiga fábrica da CocaCola.
Exceso de velocidade, derrapaxes e trompos repítense a diario case sempre cos mesmos protagonistas. As marcas dos pneumáticos no pavimento testemuñan esta circuntancia.
Algúns veciños solicitaron ao Concello que instale lombos para evitar este tipo de prácticas perigosas nesta contorna tan transitada.