Cuntis acondiciona a escola de Meira para dedicala a viveiro de empresas
Por Oskar Viéitez
A Deputación de Pontevedra aprobou en Xunta de Goberno un novo investimento para Cuntis con cargo á liña 1 do Plan Concellos 2019. En concreto, 122.939 euros cos que a vila poderá financiar o acondicionamento da escola de Meira.
A actuación implica la posterior dedicación a viveiro de empresas do antigo edificio da escola. Así, no viveiro de empresas poderanse realizar actividades como a atención ao público e desenvolvemento da xestión administrativa público-privada do cliente, labores de formación, e tamén diversas actividades empresariais.
Esta iniciativa forma parte do proxecto posto en marcha polo goberno local para relanzar o polígono industrial da Ran.
A iniciativa contemplou o arranxo do viario do polígono industrial que conecta a N-640 coa PO-220 cun custo de case un millón de euros.
Relacionadas:
-
Cuntis muda a cara ao camiño de Trasponte
Por Redacción |
-
O goberno local de Cuntis presenta os orzamentos para 2019
Por Redacción |
-
Cuntis acondiciona a Pista das Moreiras para mellorar o acceso ao polígono da Ran
Por Redacción |
-
Cuntis inicia a contratación da mellora de seguridade viaria do polígono da Ran
Por Oskar Viéitez |
-
Cuntis mellora o vial entre o polígono industrial da Ran e o lugar de Guldrigáns
Por Oskar Viéitez |
-
Cuntis pide fondos á Deputación para mellorar o polígono da Ran e crear un viveiro de empresas
Por Redacción |