Os socialistas presentan a Chelo Besada para alcaldesa de Poio
Por Oskar Viéitez
O Partido Socialista aspira a que Chelo Besada sexa a próxima alcaldesa de Poio e para iso promete "diálogo e traballo".
A candidatura coa que concorren ás eleccións municipais do 26 maio está integrada por Gregorio Agís (2), Rosa Fernández (3), o cuarto lugar ocúpao o secretario xeral do grupo municipal, Julio Casas, Raquel Gómez (5), Miguel Ángel Martínez (6), Sandra Castro (7) e José Luis Castiñeira (8), María Dolores Aboal (9) e Francisco Rodríguez (10).
Trátase de "un equipo preparado e forte para asumir os retos pendentes" dixo Chelo Besada que tamén destacou que a súa candidatura "combina mocidade e experiencia" e que todos os seus integrantes están "implicados no tecido social e comprometidos co noso municipio".
Asegura ademais Chelo Besada que todos eles están "preparados para asumir responsabilidades de goberno".