Catro empresas pontevedresas participan na parada técnica de Ence en Navia
Por Redacción
Catro empresas pontevedresas especializadas en traballos de mantemento e mellora industrial súmanse dende este luns á parada técnica da fábrica de ENCE en Navia (Asturias).
Trátase de Metalyset, Enxeñaría e Montaxes Rías Baixas, Manufacturas do Lérez e Taelpo. Participarán en tarefas de mantemento, mellora e instalación de novas tecnoloxías en áreas como o parque de madeiras da fábrica ou a caldeira de biomasa.
As empresas pontevedresas farán traballos, durante os 10 días que dura a parada técnica, por un valor próximo aos 280.000 euros. Todas elas participan habitualmente na parada técnica da fábrica de Ence en Lourizán e coas que a compañía ten en Huelva.
O coñecemento xerado para o deseño e a execución do Plan de Eliminación de Olores de Ence en Pontevedra tamén será fundamental, ademais, para a execución do principal investimento planeado para a parada: 3 millóns de euros dedicados á implantación de tecnoloxía para a xestión do impacto oloroso da fábrica.