O Centro de Día de Cuntis da o último paso para a súa apertura
Por Redacción
O pleno da Corporación Municipal de Cuntis deu o último paso para a apertura do Centro de Día de Cuntis aprobando o convenio de xestión entre o Concello e o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, unha vez que se fixese entrega á Xunta das instalacións para que as equipase.
O alcalde de Cuntis, Manuel Campos sinalou que se culmina así un traballo do equipo de goberno que permite que o Centro de día sexa unha realidade. O que supuxo un "esforzo económico moi importante" para as arcas municipais.
Entre outros investimentos dotouse de servizos á parcela que ocupa o Centro de Día destinando para iso fondos do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. O Concello tamén asumiu os traballos da substitución do tellado, o acondicionamento interior e exterior e a construcción de accesos adecuados.
Coa aprobación do convenio de xestión por parte do pleno da corporación xa se pode proceder á súa firma pechándose así un proceso iniciado no ano 2008 coa construción do edificio, que agora, dez anos despois, poñerase en funcionamento.
Manuel Campos mostrou a súa gratitude pola colaboración institucional e tamén agradeceu a implicación dos traballadores tanto do concello como do consorcio para finalizar esta actuación.