Retan aos pontevedreses a "enBiciarse" todo o mes de abril
Por Oskar Viéitez
O "30 días en bici" é un reto que se fai en todo o planeta en abril, consiste en comprometerse a usar a bicicleta todos os días deste mes xa sexa para ir ao traballo ou instituto, para dar un paseo ou para facer deporte. Para conseguir que un hábito se faga permanente é preciso repetilo a diario ata que xa sexa un costume de aí o "30 días en bici". O obxectivo de Pedaladas é axudar a todas aquelas persoas a "enBiciarse" por iso prepararon diversas actividades abertas ao público.
O día 10 de abril, con saída ás 21.00 horas da praza da Peregrina haberá unha marcha nocturna familiar en bicicleta.
O día 14 de abril. Ruta das flores de Primavera. Unha ruta de 16km para 50 persoas con saída da Praza España.
O día 17 de abril. Bici Lúa ao Monasterio de Lérez. Ruta de 12km con saída e chegada na praza de España (de 21:00 a 22:15) ata San Benitiño para gozar dun paseo de noite en bicicleta.
O día 19 de abril. Día da bicicleta do Dr Hofman.
O día 21 de abril. Pedalada Popular e "Bicifestación". Unha ruta de 10 km con saída e chegada na praza de España (de 11:00 a 13:00) aberta ao público sen límites.
O día 25 de abril. Como cada último xoves de mes Masa Crítica fai a súa saída reivindicativa polas rúas da cidade saíndo ás 21:00 da Praza da Peregrina.
Finalmente dende a asociación Pedaladas animan á cidadania a participar no 30 días en bici e que vaian a votar o 28 de abril en bicicleta e que "Boten con B de bici".