Fin de semana musical en Sanxenxo antes da Semana Santa
Por Oskar Viéitez
Unha carpa instalada na Praza do Mar de Sanxenxo acollerá os tres concertos programados polo Concello para a fin de semana antes da Semana Santa.
O primeiro dos concertos, a beneficio da asociación Peludos invisibles, será o venres 12 de abril, ás 21 horas con Festival da Terra, no que participarán: Señor Non, Andallica, Kaleka, Samesugas, e The Speedbombs.
O sábado, día 13, a partir das 22.30 horas, terá lugar a actuación de Fredi Leis que fose aprazada o pasado mes de decembro, con motivo do naufraxio dun pesqueiro da zona.
O terceiro concerto será do grupo Milladoiro, o domingo 14 ás 22.30 horas.