Persoal dos centros de saúde da área sanitaria irán á folga en abril
Por Oskar Viéitez
A plataforma SOS Sanidade Pública asegura que o persoal dos centros de saúde da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés apoiarán a folga convocada para os próximos 9, 10 e 11 de abril.
Esta convocatoria enmárcase nas negociacións que actualmente o sector mantén coa Xunta para definir as medidas para tomar para establecer un novo modelo de Atención Primaria en Galicia.
Os convocantes destes paros esixen un orzamento solo garantido para a Atención Primaria que signifique polo menos o 25% do investimento global no sistema de saúde e a recuperación das xerencias específicas como vía para garantir a autonomía de xestión e a non subordinación do primeiro nivel asistencial ás estruturas hospitalarias.