Accidente múltiple sen feridos na Devesa
Por Redacción
Tres vehículos víronse implicados este luns nunha colisión múltiple na estrada entre Pontevedra e Vilagarcía (PO-531). No momento no que aconteceu o suceso, ás 8:21 horas, chovía miudiño.
Segundo os servizos de emerxencia do 112 todos os ocupantes dos vehículos saíron ilesos.
Ata o lugar do accidente, na Devesa, desprazáronse efectivos da Garda Civil de Tráfico e Protección Civil.