Sorprenden unha cuadrilla rompendo os retrovisores dos coches aparcados
Por Redacción
Sucedeu o mércores día 5 ás 0:45 horas, unha persoa alertou á Policía Local da presenza de "un grupo de catro rapaces" na rúa Juan Manuel Pintos que estaban a romper os espellos retrovisores dos coches estacionados.
Desprazada unha patrulla dos axentes municipais ata o lugar indicado non encontran ao mencionado grupo pero si constatan que tres vehículos tiñan os retrovisores rotos. Concretamente tratábanse dun Renault Megane, un Peugeot 307 e un Opel Astra.
Iníciase entón un labor de busca para dar co paradoiro dos mozos, atendendo á descrición facilitada polo denunciante.
Durante esta vixilancia os axentes descobriron aos rapaces na rúa Real, na zona monumental. ÿstes ao percibir a presenza policial botaron a correr en dirección ao Mercado. Á altura da rúa Sierra os municipais conseguiron interceptalos.
Os mozos teñen idades comprendidas entre os 19 e os 21 anos.