Down Pontevedra Xuntos prepara unha curta de terror
Por Almu Dapena
O colectivo pontevedrés Down Xuntos, que atende a persoas con síndrome de Down, está a preparar unha curta de terror desenvolta no marco do obradoiro cinematográfico impartido pola Asociación FICBUEU, dentro da súa Área Social.
A produción desta curta, que empezou neste mes de marzo e vaise a prolongar ata xuño, estrearase en setembro no 12º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu cos traballos dos demais participantes.
Con esta actividade, a asociación busca promover a autonomía e o desenvolvemento persoal das persoas con síndrome de Down e que experimenten, colaboren e dean renda solta á súa imaxinación, estimulando a creatividade artística.
Tamén se contribúe a visibilizar o potencial das persoas con discapacidade intelectual e a normalizar a convivencia, a tolerancia e contribuír ao desenvolvemento social e cultural fomentando valores como o respecto, a igualdade e a solidariedade.
Relacionadas:
-
Unha nova usuaria de Down Pontevedra traballará como monitora de comedor no Vidal Portela
Por Redacción |
-
RADIO.- Xiana e Miguel traballan, estudan, socializan e motivan aos demais na súa contorna
Por Marisa Ciordia |
-
A música une a universitarios e usuarios de Xuntos Down nunha experiencia de aprendizaxe
Por Redacción |
-
RADIO.- A playlist de... Seve Casalderrey: Máis de seis mil películas na súa retina
Por Marisa Ciordia |
-
O FICBUEU acada as 3.000 persoas durante a súa primeira fin de semana
Por Redacción |