Propoñen construír unha montaña rusa para tapar ENCE... e outras cen ideas máis
Por Oskar Viéitez
PontevedraViva mostra as ideas presentadas ao concurso para "reinterpretar a relación da fábrica de Ence en Lourizán co espazo no que está situada".
Ideas tan rechamantes como a denominada Roller Coaster que propón a construción dunha montaña rusa paralela á autovía de Marín para tapar o complexo industrial.
Os proxectos conforman a exposición que se pode ver no centro cultural Novacaixagalicia