As confrarías da provincia reciben 93.000 euros da Xunta
Por Redacción
A Xunta de Galicia e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra rubricou esta semana un convenio de colaboración co obxectivo financiar os gastos correntes que se produzan como consecuencia das actividades que desenvolva a federación ao longo do 2019.
O acordo, que se asina cada ano, dá continuidade aos xa asinados nas últimas semanas coas federacións galega, coruñesa e lucense de confrarías de pescadores.
Con esta colaboración a entidade pontevedresa dispoñerá de 93.000 euros para os gastos que se consideran subvencionables a través destes convenios, entre os que se atopan os de contratación de persoal, amortizacións, financiamento de gastos correntes como arrendamentos, reparacións e material de oficina ou indemnizacións por razón de servizo, entre outros.
Para o control deste convenio crearase unha comisión de seguimento composta por dous membros a designar por cada unha das partes asinantes.