Corte de tráfico en Eduardo Pondal pola reparación da cuberta da ponte sobre a rúa Peregrina
Por Redacción
O Concello de Pontevedra anunciou que acometerá o vindeiro martes, 26 de marzo, a reparación da cuberta metálica da ponte que une as rúas Peregrina e Avenida de Vigo.
Os traballos para renovar a cuberta, que se atopa deteriorada, levaranse a cabo en horario matinal e provocarán o corte dun carril de circulación na rúa Eduardo Pondal.
En concreto o peche do tráfico rodado producirase entre as 9:30 e as 13:30 horas.
O sentido de circulación que se verá afectado é o de Augusto García Sánchez cara a Eduardo Pondal.
A Policía Local desviará o tráfico durante ese tempo cara a cálea Alcalde Hevia segundo o plan deseñado para a ocasión.