Inicio dos traballos de reposición da iluminación na ligazón de Sanxenxo coa Autovía do Salnés
Por Redacción
A Consellería de Infraestruturas anunciou para este luns 25 de marzo o inicio dos traballos de reposición de iluminación pública na ligazón da autovía AG-41, na saída ao municipio de Sanxenxo.
As obras foron adxudicadas á empresa Sielvigo S. L. cun orzamento de 14.000 euros e un prazo de execución dun mes.
A intervención consiste na extensión de 250 metros de cable para alimentación eléctrica e a reposición de 70 lámpadas led nas luminarias existentes, o que permitirá volver poñer en servizo a iluminación nesta ligazón da Autovía do Salnés co núcleo urbano de Sanxenxo.
Na actualidade a iluminación pública no funciona ao non dispoñer do cableado idóneo e a maioría das lámpadas da luminaria actual son pouco eficientes enerxéticamente.
Os traballos coordinaranse co Concello de Sanxenxo ao ser o propietario de instalación, polo que en canto conclúa a renovación será responsable do seu mantemento e conservación.