O PP de Poio denuncia "irregularidades" na xestión das escolas deportivas
Por Redacción
O Partido Popular de Poio asegura que existen "irregularidades" na xestión das escolas deportivas municipais.
Segundo o portavoz do PP nesta materia, Tucho Muíños, funcionarios do Concello atoparían deficiencias nos gastos á hora de xustificar determinados gastos como as mutualidades de futbolistas ou os gastos de organización de cursos.
"É inadmisible que diñeiro público de todos os veciños de Poio estea a xestionarse de forma irregular", sinala o portavoz popular.
"Sabemos que quen controla as escolas é o concello, pero para evitar dar explicacións ou asumir responsabilidades, configuráronas como ente privado cando chegaron ao poder", queixouse Muíños.
A proposta do PP para as escolas deportivas é que se estableza que a presidencia da asociación sexa elixida por deportistas e clubs integrantes do Consello Municipal de Deportes e que sexa este órgano o que fiscalice a súa actuación.