Unha tese do campus desenvolve un programa de ximnasia acrobática para fomentar a motivación na adolescencia
Por Redacción
A investigadora Xoana Reguera deseñou un programa didáctico coa idea de que a ximnasia acrobática, unha disciplina deportiva que utiliza figuras como pirámides humanas, sexa utilizada para estimular determinadas actividades entre o alumnado adolescente.
Para desenvolver a súa tese, Reguera puxo en práctica este traballo cun grupo de 82 estudantes do colexio Don Bosco de Vigo e defendeu a súa proposta na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus pontevedrés, segundo recolle Eduardo Muñiz no Diario da Universidade de Vigo.
A iniciativa permitiu que o alumnado gañase confianza individual e grupal. Desta forma, comprobouse que esta ximnasia acrobática favorece a sensación de estabilidade emocional e, ao mesmo tempo ,desenvolve a cooperación, o compañeirismo e o esforzo.
Desenvolvéronse cambadelas, rodas laterais e equilibrios investidos nunha fase inicial para despois abordar pirámides e traballos en grupo.