Ana Pastor, Diego Gago e Elena Suárez, apostas do PP para o 28A; Pilar Rojo, ao Senado
Por Alejandro Espiño
Repetir os tres deputados que actualmente teñen por Pontevedra. É o obxectivo que se marca o Partido Popular para as próximas eleccións xerais do 28 de abril. Para iso, á actual presidenta do Congreso, Ana Pastor, que volverá encabezar a candidatura, os populares suman dúas persoas de gran proxección.
Pastor estará arroupado polo vigués Diego Gago, presidente nacional de Novas Xeracións, que irá como número 2; e por Elena Suárez, portavoz do grupo municipal do PP en Vilagarcía de Arousa, que ocupará a terceira praza da candidatura ao Congreso.
Desta lista, por tanto, cae a pontevedresa Pilar Rojo. Pero iso non implica que o PP prescinda dela, senón que cambiará de Cámara.
Rojo será a gran aposta dos populares ao Senado, acompañando a Miguel Fidalgo, edil en Vigo, na lista que presentará nas eleccións pola provincia.
O resto dos candidatos coñeceranse en próximos días
ANA PASTOR, NO VALLE INCLÁN
Mentres tanto, Ana Pastor acudiu este venres ao instituto Valle Inclán para participar nas actividades que o centro celebra como Escola Embaixadora Junior do Parlamento Europeo. Ante os escolares, a dirixente popular falou da súa experiencia como muller na política e os obstáculos que tivo que sortear para chegar onde está.
Unha situación que, dixo, "afortunadamente ha cambiado y sigue cambiando", xa que lembrou que en 2019, as mulleres son preto do 40 por cento das Cámaras, con 138 deputadas e 93 senadoras, a lexislatura de maior representación feminina de toda a democracia.
Aínda así, advertiu que queda moito por facer porque "todavía existe un importante hueco que cubrir entre la igualdad real y la efectiva" coas dificultades para acceder a determinados empregos, as facilidades para ser as primeiras en perdelo, as poucas mulleres que ocupan postos de alta dirección, a brecha salarial ou o maior peso que asumen familiarmente.
Relacionadas:
-
Ana Pastor non encabezará a lista do PP por Pontevedra para o 10N: será número 2 por Madrid
Por Redacción |
-
Mariano Rajoy regresa a Pontevedra para arroupar a Ana Pastor na campaña das xerais
Por Redacción |
-
Ana Pastor ve "prioritario" o paseo a Marín e a reforma do nó de Bombeiros
Por Alejandro Espiño |
-
As vítimas de Angrois senten como unha "ofensa" que Ana Pastor encabece a lista do PP por Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Ana Pastor repite polo PP en Pontevedra tras a "renovación tranquila" de Pablo Casado
Por Oskar Viéitez |
-
Feijóo, Ana Pastor e Alfonso Rueda arroupan aos candidatos do PP en Umia e O Salnés
Por Redacción |