Chequean o estado da ponte dos Tirantes que cumpre 24 anos
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
O próximo día 13 de maio a ponte dos Tirantes cumprirá 24 anos. Este viaduto, do mesmo xeito que o resto dos que cruzan o río Lérez ao seu paso por Pontevedra, está a ser revisado.
Aberto en 1995, esta ponte atirantado forma parte destacada da imaxe da cidade. Foi obra dos ingenieron Leonardo Fernández Troyano e Javier Manterola.
A circulación na ponte estivo cortada durante a xornada do xoves para ser sometido a unha análise exhaustiva do seu estado.
Os técnicos revisaron o estado do taboleiro, dunha lonxitude total entre estribos de 125 metros sen apoios intermedios. Igualmente houbo que empregar unha grua para a inspección da torre de formigón armado de 63 metros de altura da que saen 17 pares de tirantes, os dianteiros suxeitando o taboleiro, e os traseiros apoiados en dúas bases de formigón en terra firme, actuando a modo de contrapesos que equilibran os esforzos da torre.
Aínda que este corte de tráfico afectou negativamente á circulación rodada na contorna do río, desde o Concello lembraron que se trata dunha medida necesaria contemplada dentro dun plan global do Concello para revisar a seguridade e conservación das pontes urbanas.