Un grupo de voluntarios retira boias, nasas, restos de plásticos e latas na illa de Onza
Por Redacción
A Xunta de Galicia vén de executar no arquipélago de Ons unha tarefa de limpeza, que concluíu coa retirada de catro metros cúbicos de residuos.
Os primeiros traballos de este ano consintiron en concreto, na recollida de desperdicios nas reservas da isla de Onza e a enseada de Fedorentos entre o que se recolleron boias, nasas, restos de plásticos e latas. Tamén se quitaron artes de pesca abandoadas, que constitúen un elemento moi perigoso pola súa capacidade de atrapar fauna de maneira indiscriminada.
Esta tarefa de limpeza e mantemento foi executada por un grupo de voluntarios da Federación Galega de Piragüismo e a Asociación de Kaiac de Mar, que estiveron acompañados por técnicos e persoal do Parque Nacional Maritimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. A retirada do material efectuouse de forma manual co fin de no afectar aos ecosistemas naturais do entorno.
Ademais da mellora no estado natural do entorno que supón a retirada de estes restos, a actuación encontrase dentro do fomento dos valores do Parque Nacional; é por elo que as recollidas de residuos continuarán durante todo o verán en diferentes zonas do Parque, sendo a próxima limpeza no mes de xullo nos arquipélagos das Cíes e Cortegada.