Barro vai dotar de saneamento ao lugar de Astrar, en Curro
Por Redacción
O Concello de Barro elaborou un proxecto para levar o servizo de saneamento ao lugar de Astrar, na parroquia de Curro.
Este proxecto, que conta cun orzamento de 60.000 euros, está financiado con cargo ao Plan Concellos 2019 da Deputación de Pontevedra e se atopa en fase de contratación.
Con esta nova actuación xa son máis de cen vivendas as que se poderán conectar á rede de saneamento, acometidas polo goberno municipal naquelas zonas onde xa existe depuradora.
Este servizo poderá chegar a outras zonas do concello unha vez que se constrúa a nova depuradora en Perdecanai, que dará servizo tamén ás parroquias de Agudelo, Barro e Valiñas.