Aparece en Santiago o mozo desaparecido en Marín a fin de semana
Por Redacción
O mozo de 21 anos Cristian Vilavedra Lorenzo, cuxa desaparición foi denunciada pola súa familia durante os últimos días en Marín, foi localizado san e salvo nun albergue de Santiago de Compostela.
A familia do mozo marinense denunciara a desaparición ante a Policía Nacional e tamén a través das redes sociais e da plataforma SOS Desaparecidos e abriuse unha investigación para dar co seu paradoiro. Fontes policiais confirmaron que a alerta xa está desactivada unha vez que se confirmou xa o seu paradoiro.
A familia do mozo xa puido falar con el na mañá deste mércores e a nai dispoñíase a desprazarse ata Santiago para reunirse con el, segundo informaron os investigadores.
O mozo estaba desaparecido desde o pasado sábado 16 de marzo. Os familiares do mozo non tiñan noticias del desde que sobre as 20.00 horas cando foi visto na parada de autobuses de Marín.
Cristian ten diagnosticada bipolaridade e necesita tomar medicación urxentemente. Segundo a descrición achegada por SOS Desaparecidos, Cristian Vilavedra mide 1,75 metros, pesa uns 75 quilos, usa lentes graduadas e ten acne e as cellas poboadas.