A nova normativa do taxi en Pontevedra regula o cobro por viaxeiro e tarifas planas para varios servizos
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
A páxina web do Concello de Pontevedra ten, desde este mércores 20, a exposición pública a nova normativa do taxi, coa intención de que as persoas interesadas e os colectivos poidan realizar as súas achegas a este regulación.
O concelleiro Demetrio Gómez explicaba que esta normativa adáptase ao decreto 103/2018 e actualiza a situación deste sector do transporte. Desta forma, permítese establecer zonas con servizos a demanda, a posibilidade de cobrar por viaxeiro ou fixar tarifas planas para determinados servizos ou percorridos.
Desta forma, esta nova normativa servirá para regular tamén actividades tan habituais nos últimos tempos como o vehículo compartido. Tamén se contempla a adaptación tanto para espazos do rural como para o acceso dos usuarios con mobilidade reducida.
Outro dos aspectos que Demetrio Gómez destacaba era a intermodalidad, cunha tarifa plana para establecer viaxes a diferentes aeroportos e hospitais de referencia.
O concelleiro sinalaba que esta normativa permitirá actualizar o modelo que leva desenvolvendo desde hai cincuenta anos e alertaba de que o Concello non se pecha a ningunha posibilidade dentro das achegas que se lle trasladen nas próximas datas.
Relacionadas:
-
A nova ordenanza de mobilidade reforzará o carácter peonil de Pontevedra
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
Os taxistas galegos piden que os vehículos VTC se reserven con tres horas de antelación
Por Alejandro Espiño |
-
Os taxistas ven "difícil" a implantación de Uber ou Cabify en Pontevedra
Por Redacción |
-
Os taxistas, "moi interesados" no proxecto de transporte a demanda que estuda implantar o Concello
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Pontevedra baseará no transporte a demanda a súa proposta para o transporte urbano
Por Alejandro Espiño |