Buscan un mozo de 21 anos desaparecido en Marín
Por Redacción
A familia de Cristian Vilavedra Lorenzo, de 21 anos de idade, solicitou axuda para localizar a este mozo veciño de Marín desaparecido desde o pasado sábado.
A Policía Nacional xa foi alertada.
Segundo a descrición achegada por SOS Desaparecidos, Cristian Vilavedra mide 1,75 metros, pesa uns 75 quilos, usa lentes graduadas e ten acne e as cellas poboadas.
Os familiares do mozo non teñen noticias del desde a noite do pasado 16 de marzo sobre as 20.00 horas cando foi visto na parada de autobuses da localidade.
Cristian ten diagnosticada bipolaridade e necesita tomar medicación urxentemente.