Cinco detidos por roubar 42 quilos de tubaxes e 238 quilos de cables de cobre
Por Redacción
A Policía Nacional detivo cinco veciños de Marín polo roubo con forza de cableado eléctrico e tubaxes de cobre. O material estaba nas instalacións dunha empresa da estrada de Moaña e supoñía 42 quilos de tubos e 238 quilos de cables.
Os cinco detidos foron sorprendidos por axentes do Grupo Local de Policía Xudicial de Marín na tarde do mércores 5 de xuño cando estaba a amorear o material subtraído nas inmediacións da citada empresa.
Para entrar nas instalacións e roubar o material os cinco detidos realizaran un butrón na parede, segundo consta no atestado policial. Tras ser sorprendidos e detidos, foron postos a disposición do Xulgado de Garda de Marín.
Os supostos autores do roubo con forza foron detidos por axentes do Grupo de Seguridade Cidadá e a inspección do lugar do delito realizárona funcionarios da Policía Científica.