Ponte Caldelas prepara o seu primeiro 'sábado de música acuática' ao redor da fonte luminosa
Por Redacción
A nova fonte inaugurada na renovada Praza de España de Ponte Caldelas será escenario o vindeiro 23 de marzo do primeiro 'Sábado de Música Acuática'.
O Concello ofrecerá a partir das 21:00 horas un espectáculo coreográfico de auga e luz con pezas de Andrés Lorenzo, Queen e Georges Bizet.
O espectáculo inclúe as dúas pezas interpretadas durante a inauguración oficial da praza, é dicir, Naceu unha Estrela, a homenaxe á música tradicional galega do compositor local Andrés Lorenzo, e We will rock you, de Queen. Finalmente interpretarase a Marcha dos Toureiros, pertencente á ópera Carmen, de Georges Bizet.
Ademais destes eventos, a nova fonte servirá a partir de agora para remarcar efemérides concretas, como cando o pasado 8 de marzo tinguiu de cor violeta con motivo do Día Internacional da Muller.
Relacionadas:
-
Ponte Caldelas recupera os 'sábados de música acuática' na fonte da Praza de España
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Primeiro "sábado de música acuática" na nova fonte de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas presume de estrear "a mellor fonte luminosa de Galicia" na nova praza de España
Por Redacción |