A auga non consegue deslucir a V Andaina Montes e Praias de Marín
Por Redacción
Éxito de participación na quinta edición da Andaina Montes e Praias de Marín celebrada o pasado domingo.
A pesar da choiva das primeiras horas do día, a maioría dos inscritos tomaron parte na ruta. Así se rexistrou unha participación de 615 persoas repartidas entre a proba competitiva (210) e na camiñada popular (405).
Desde o goberno local, organizador do evento xunto á Asociación Española Contra o Cancro (AECC) e o CDM Xesteiras, expresaron a súa satisfacción ao superar todas as previsións.
Os sendeiristas, procedentes das catro provincias galegas e tamén do norte de Portugal, completaron un percorrido de 15 quilómetros na parte popular e de 25 quilómetros na competitiva.
En canto á proba deportiva o gañador foi Toño Lopez Villar do Club Xesterias que con 95,78 puntos, ao impoñerse a Antonio Vázquez e Francisco Gabriel Ouviña.