Monólogos e coloquios darán visibilidade ao colectivo trans
Por Almu Dapena
O PSOE presentou durante a mañá deste luns o programa de actividades e accións reivindicativas que se realizarán con motivo do Día Internacional da Visibilidade Trans que se celebra o 31 de marzo.
A activista LGTBI e número 6 da lista do PSOE en Pontevedra, Ada Otero, presentou as diferentes actividades nas que vai participar con motivo deste día e asegurou que o reclamo principal destas accións é a visibilidade para dar información e concienciar "de que estamos aquí y existimos".
Ada Otero estará o 31 de marzo na Taberna do Jazz realizando un monólogo enfocado á súa experiencia como persoa visible trans. Fóra de Pontevedra, o 3 de maio, participará no IV Seminario de Educación Afectivo Sexual de Lalín e o 31 de maio na II Festa da Diversidade en Moaña.
Pola súa banda, o candidato socialista á Alcaldía, Tino Fernández, quixo mostrar o seu apoio a "todas estas iniciativas do colectivo trans no eido da visibilidade dunha realidade para que se vexa normal" e mellorala a base de visibilización a través de coloquios e asegurou que "todas as áreas de goberno van a estar impregnadas con políticas de igualdade" con charlas de asistencia obrigatoria ás persoas do partido.
No pleno ordinario do mes de abril, o PSOE presentará unha moción onde instarán ao Concello e ás administracións competentes para que se introduzan charlas sobre as sensibilización e liberdade de xénero no protocolo escolar que levará a cabo a asociación Arelas, asociación que traballa e promove a defensa dos dereitos das persoas trans en todos os ámbitos da vida: educativo, sanitario, xudicial, cultural, deportivo e social.
Tino Fernández tamén quixo facer "un chamamento a todas as persoas, e sobre todo as mulleres, para que o día 28 de abril decidan ir a votar en liberdade polas opcións que lles garanticen que a loita pola igualdade vai avanzar e non vai a retroceder" e pola súa banda, Gloria Blanco, integrante da formación socialista, mostrou o seu desexo e a súa confianza en que "el próximo mandato será el mandato por la igualdad".
Relacionadas:
-
Carla Antonelli: "Hay quien nos quiere seguir viendo debajo de las piedras y metidas dentro de los armarios"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
A corporación municipal prepárase para a recta final do mandato
Por Alejandro Espiño |
-
Ada Otero, a primeira candidata transexual ás municipais, pon xa un acento reivindicativo no 8M
Por Mónica Patxot & Marisa Ciordia |
-
Os socialistas instan á Xunta a incluír charlas de sensibilización no protocolo escolar sobre liberdade de xénero
Por Redacción |