Ana Isabel Vázquez, número 4 da lista do PP ás municipais
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
O candidato á Alcaldía de Pontevedra polo Partido Popular, Rafael Domínguez, anunciou nas redes sociais que Ana Isabel Vázquez irá de número de 4 da súa candidatura ás municipais.
Ana Isabel Vázquez é a xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, un cargo que afirma vai ser compatible coa súa función como concelleira da corporación se sae elexida nos vindeiros comicios. A representante do PP, acompañada por Rafa Domínguez, afirmaba este luns que quere devolverlle a Pontevedra a ilusión con proxectos culturais que devolvan ao municipio o seu carácter referencial en toda España. Ao mesmo tempo, entende que a cultura tamén debe de ser un espazo para fomentar o emprego e a economía. Desa maneira indicou a necesidade de poñer en marcha un clúster cultural.
Por outra banda, indicou que é preciso ofertar actividades culturais tamén para as parroquias do rural e involucralas a través de iniciativas transversais. Ana Isabel Vázquez afirmou na presentación que é "bonito" volver á política local.
A súa inclusión na lista dos populares supón o seu regreso á política municipal. Lembremos que xa foi concelleira no equipo liderado por Telmo Martín entre os anos 2011 e o 2015, recalando na Deputación de Pontevedra onde foi responsable de Cultura durante a presidencia de Rafael Louzán.
Da lista de Rafa Domínguez, por agora, tan só coñécese que a número dous é Pepa Pardo.
Relacionadas:
-
Catro nomes reforzan a lista de Rafa Domínguez ás municipais
Por Redacción |
-
Feijóo fai da defensa de ENCE o eixo da campaña do PP
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O PP cualifica de "puñalada trapera" de Lores a Pontevedra o cambio de postura de Costas sobre Ence
Por Anxo Lourido |
-
O ex alcalde Javier Cobián 'bendice' a Rafa Domínguez: "Pontevedra necesita savia nova"
Por Alejandro Espiño |