O delegado do Goberno sobre o canon da Brilat: "esto no es para tomárselo como una broma"
Por Natalia Puga
O delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, realizou este venres as primeiras declaracións oficiais dun representante do Executivo central en relación coas negociacións que manteñen o Ministerio de Defensa e os comuneros de Vilaboa, Figueirido e Salcedo para fixar o canon a pagar pola Brilat para seguir utilizando os terreos comunais que ocupa a base General Morillo.
Nunha acto nas propias instalacións militares criticou as demandas económicas "no razonables" que fan os vecimos e recordou que "desde luego,
el Ejército tiene muchos sitios donde poder irse con la Brilat en España".Ao respecto, sinalou que o Ministerio de Defensa, en realidade, "no necesita terrenos, no necesita lugares, tiene instalaciones ociosas", de aí que considere que "esto no es para tomarlo como una broma, sino una cuestión seria" e a postura que se debe manter durante as negociacións comuneros-Defensa é a de "no prejudicar a Pontevedra y a su comarca".
Juárez sinalou que el entende que o Goberno mantén unha "posición razonable" porque "se basa en admitir que va a tener que pagar por utilizar eses terrenos, pero lógicamente un canon que se tienen que basar en una rentabilidad razonable del monte".
Fronte a esta postura do Goberno, insinuou segundas intencións por parte dos veciños e sinalou que se pagará o canon "siempre que no se persigan otras cosas". "Otras posiciones perjudicarían mucho a Pontevedra y a su entorno", alertou.