O helicóptero da Policía acode a unha exhibición ao colexio de Cabanas
Por Oskar Viéitez
A Comisaría Provincial do Corpo Nacional de Policía de Pontevedra levou a cabo este venres unha exhibición no colexio de Cabanas en Salcedo.
Ao redor de 200 nenos gozaron coa presenza dos axentes e os vehículos policiais.
Segundo informaron dende a Comisaría, como sorpresa contaron coa visita do helicóptero policial, o Cóndor, e da comisaria xefa provincial, Estíbaliz Palma.
Os axentes animaron ao alumnado para confiar na Policía Nacional e contestaron a todas as súas preguntas.