A policía sorprende un individuo mentres trapicheaba subido a unha bicicleta
Por Oskar Viéitez
Axentes da Policía Nacional detiveron a un individuo de 52 anos de idade, veciño de Vilagarcía, con antecedentes policiais por un delito contra a saúde pública e un delito de atentado a axente da Autoridade.
Segundo informaron fontes oficiais da Comisaría os feitos ocorreron na tarde do día 12 de marzo en Vilagarcía cando unha patrulla de axentes da policía nacional sorprenderon un individuo subido nunha bicicleta trapicheando.
Ao decatarse da presenza policial este home arroxou unha bolsa de plástico ao chan e deuse á fuga na bicicleta pero foi alcanzado polos policías. Produciuse entón un forcexo no que resultou ferido un dos axentes.
Fóronlle confiscadas 16 bolsas de cocaína cun peso de 2.1 gramos, 7 bolsas de heroína de 1.2 gramos, 7 dose de metadona, e dúas barritas haxix de 4.8 gramos.
Por todo iso os axentes detivéronlle por un delito contra a saúde pública.