Forman auxiliares en Cerdedo-Cotobade para preparar dietas para diferentes patoloxías
Por Redacción
Os Concellos de Cerdedo-Cotobade e da Lama desenvolven un Obradoiro de Emprego Verdugo-Lérez de maneira conxunta, cun financiamento de 288.000 euros por parte da Xunta. Este xoves, dez alumnas comezaron un curso de formación do alumnado de Atención Sociosanitaria a persoas en domicilio para obter coñecementos que lles permitan preparar pratos saudables.
Este curso de trinta horas serve para formar ás estudantes na elaboración de dietas adaptadas a diferentes patoloxías que sufran as persoas usuarias do servizo. Trátase de pratos baixos en graxas e azucre, para persoas que sufran alerxias ou intolerancias e tamén para aqueles pacientes que se atopen encamados.
Ademais destes coñecementos, as participantes obterán formación sobre manipulación e conservación de alimentos e tamén de hixiene no lugar de traballo.
A iniciativa pretende que as alumnas atendan ás persoas usuarias do servizo de coidado domiciliario. Esta iniciativa comezaba a finais de oviembre e continuarán ata agosto coa participación de 20 alumnas. Contémplanse prácticas e concédense certificados de profesionalidade. Tamén se desenvolve un módulo de Xardinería-Forestal.