Telmo Martín sucumbe á febre do 'Baby shark' e amosa as súas dotes como bailarín
Por Redacción
Poucas persoas, sobre todo se teñen fillos, as que non escoitaron a canción que está a causar furor entre os máis pequenos da casa. O 'Baby shark' é, actualmente, un dos temas máis tarareados do mundo e, coincidindo co Entroido, nin o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, puido resistirse a ela.
O rexedor non dubidou en subir ao escenario da Praza dos Barcos, en pleno entroido infantil, para facer os seus 'primeiros pasos' como bailarín, interpretando o baile que acompaña a esta popular canción.
No vídeo, que correu como a pólvora a través das redes sociais, vese como o rexedor acepta o reto da empresa que animaba a festa, Angi y Tere, e mostrando un gran sentido do humor e un ritmo máis ou menos aceptable, trata de seguir os pasos do baile.