Curso en Marín para facer fronte os acosadores
Por Redacción
Ante os problemas de acoso que sofren as mulleres, o Centro de Información da Muller de Marín puxo en marcha un curso de defensa persoal con contidos transversais básico que permiten afrontar diferentes situacións.
Ao longo destas xornadas foméntanse as habilidades sociais e a autoestima, as técnicas de autodefensa con e sen armas, normativa lexislativa para coñecer como se xestiona unha agresión, interacción co pensamento do agresor, primeiros auxilios e control de estrés.
Estas xornadas permiten traballar situacións como a da "manada", o acoso a "runners" ou os acosos laborais, para saber como enfrontarse a elas.
A Asociación DOM+, organizadora do curso, puxo a disposición das alumnas seis monitores, titulados en diferentes especialidades e con experiencia no trato con este colectivo, formadores do 112 e persoal sanitario que imparten técnicas de primeiros auxilios que complementan a formación.
Neste curso participan máis de 40 mulleres, de diferentes idades. Os luns desenvólvense as datas e finaliza o último luns do mes de marzo, no Pavillón da Raña, en horario de 17.30 a 21.00 horas.