Un congreso analizará o papel que a comunidade galega pode xogar no espazo da lusofonía
Por Redacción
Especialistas de Galicia, Portugal, Brasil, Cabo Verde e Timor Leste serán os protagonistas, durante os días 27 e 28 de marzo, nos debates que o III Congreso de Estudos Internacionais de Galicia desenvolverá na Facultade de Ciencias Sociais.
O programa do congreso analizará un dos principais bloques internacionais onde Galicia pode ter presenza e oportunidades de retorno. Así o indicaba Daniel González, director do Igadi, un dos entes organizadores deste congreso na presentación que se desenvolvía este martes no campus pontevedrés.
A investigador da área de Ciencia Política e da Administración e codirector do congreso, Álvaro López Mira, destacaba a importancia do tema que se aborda neste evento centrado en Galicia e a lusofonía ante os desafíos globais, como recolle Eduardo Muñiz no DUVI.
A directora do Centro de Lingua Portuguesa do Instituto Camôes en Madrid, Filipa Soares, será a responsable, o mércores 27, de impartir a conferencia inaugural dun congreso que se sustenta en catro mesas de debate. Na primeira participarán os deputados autonómicos César Fernández (PPdeG), Luís Villares (En Marea), Concepción Burgo (PSdeG-PSOE) e Olalla Rodil (BNG).
A inscrición para asistir é gratuíta.