Alertan dun aumento "considerable" en Pontevedra das denuncias por violencia machista
Por Redacción
As denuncias por violencia machista disparáronse de xeito "considerable" na provincia de Pontevedra durante os primeiros días de marzo. Así o desvelou este martes a subdelegada do Goberno, Maica Larriba.
Ata 63 denuncias foron rexistradas entre os días 1 e 10 de marzo, fronte as 76 de todo o mes de febreiro ou as 61 rexistradas en todo xaneiro.
Larriba volveu a insistir na necesidade de que as mulleres denuncien "porque non están soas" e o incremento de denuncias en marzo, aínda que asegura que non se pode considerar un bo dato, "é unha sinal de que a mensaxe da denuncia está chegando as afectadas".
A subdelegada informou que na actualidade hai na provincia 1.090 casos activos de seguimento do sistema VIOGEN "pero ningún de eles de risco extremo" e tan só hai catro casos de risco alto.
Nunha concentración que se celebrou en Pontevedra, en repulsa polo crime de Valga, Maica Larriba recordou os doce nomes de mulleres falecidas no que vai de ano e salientou a forma na que as súas parellas ás foron asasinando.
"É moi importante que se saiban os seus nomes e como as matan para que ninguén poda considerar unha frivolidade a violencia machista", subliñou a subdelegada.
Relacionadas:
-
López Abella, secretaria xeral de Igualdade: "So o 20% dos casos de violencia física e sexual son denunciados"
Por Redacción |
-
O feminismo pontevedrés sae á rúa tras o asasinato de Valga: "Por María José, por todas"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Pontevedra amosa a súa repulsa polo asasinato machista de Valga
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Pontevedra esixe non dar "nin un paso atrás" ante unha revolta feminista que é "imparable"
Por Alejandro Espiño & Victoria Regueira |