Violencia Zero propón á mocidade de Barro deixar a un lado os roles de xénero
Por Redacción
O programa Mulleres en Acción. Violencia Zero chegou este luns a Barro. A Aula de Música do municipio acolleu a acción da artista muxiá Teresa Búa, que quixo darlle visibilidade á loita contra as violencias machistas ante más de medio cento de nenos de quinto e sexto de Primaria do colexio Amor Ruibal e un centenar de mozos e mozas do IES de Barro.
Neste ocasión, a intervención artística era unha peza titulada "P-persoa Ola 3", unha montaxe autobiográfica cunha visión antropolóxica e sociolóxica, na que a artista analizou o mundo dende a súa presenza nel, ao mesmo tempo que filtrou os paradigmas culturais que lle foron impostos.
Así, todo o alumnado foi partícipe dunha performance na que se usaron as saias e os pantalóns como símbolos persoais, políticos e sociais, co fin de deixar a un lado os roles de xénero estipulados e ser capaces de ver as persoas simplemente como persoas. Ademais tamén instou a eliminar os prexuízos que xorden da obxectualización dos seres humanos.
A iniciativa de Barro foi a novena acción desta cuarta edición de Mulleres en Acción. Violencia Zero, unha iniciativa da Deputación de Pontevedra que inclúe un total de 25 intervencións artísticas en 25 concellos da provincia.
Relacionadas:
-
'Mala xente!', unha regueifa feminista para buscar a fin da violencia machista
Por Redacción |
-
"Ramonas On Tour" unha iniciativa da Deputación "para estender a igualdade"
Por Oskar Viéitez & Victoria Regueira |
-
A poeta Iolanda Zúñiga leva a Vilaboa o "Slam poetry"
Por Redacción |
-
VIDEO.- A artista Helen Bertels escenifica o terror da violencia machista
Por Mónica Patxot |