RADIO.- 'Devil May Cry 5', o xénero hack & slash faise oco en A Gruta de Gizamaluke
Por Redacción
'Devil May Cry 5' de Capcom é un dos títulos que trae esta semana A gruta de Gizamaluke con Carlos Pereiro e Juan Sanmartín esta vez. O videoxogo de Campcom, pertencente ao xénero hack & slash, é motivo de profunda análise.
Ademais 'Diablo' o lendario xogo de Blizzard Entertainment xa pode comprarse por primeira vez en tenda dixital. Outra cuestión que trouxeron para o podcast de PontevedraViva Radio é de peso: o dos GB de 'The Division 2' nas diferentes consolas.
E de beneficios, os xerados polos xogos de Pokémon para dispositivos móbiles. Atención tramposos, porque Respawn Entertainment expulsou 355.000 xogadores por facer trampas con 'Apex Legends'. Hai máis cousas Que pasan non mundo e que che contan en A gruta de Gizamaluke.
'Devil May Cry 5' é sometido a unha profunda análise por parte de Carlos Pereiro e Juan Sanmartín. A nota de Morcego é un 9, pero ollo! dá moito que comentar. E se queres sumarte ao debate: son ultimamente os videoxogos moi fáciles? Escoita e opina.
Relacionadas:
-
RADIO.- A gruta de Gizamaluke: Onde está a maior colección persoal de videoxogos?
Por Redacción |
-
RADIO.- A gruta de Gizamaluke xoga ao lanzamento do ano en Steam 'Sekiro: Shadows Die Twice'
Por Redacción |
-
RADIO.- A gruta de Gizamaluke pon a proba PlayStation Now e mira á E3
Por Redacción |
-
O Concello vería "fantástico" unha titulación sobre videoxogos no campus e ofrece a súa colaboración
Por Alejandro Espiño |
-
Reclaman unha titulación sobre creación de videoxogos para o campus de Pontevedra
Por Anxo Lourido & Mónica Patxot |