Trece empresas presentan oferta para a rehabilitación do novo local social dos Campos
Por Redacción
A mesa de contratación do Concello de Pontevedra recibiu 13 ofertas de empresas para a rehabilitación do novo local social dos Campos, situado na parroquia de Mourente, nas dependencias da antiga escola unitaria. O proxecto ten un prezo de 536.423,53 euros e un prazo de execución de cinco meses.
As empresas que presentaron oferta son Acevi, Planificación, desarrollo y gestión de construcciones, Sitexca 2016, Sodein Soluciones integrales, Ingeniería y construcciones Piñeiro, Construcciones Castro Figueiro, UTE Construcciones Ramírez - E.C Casas, Obras Gallaecia, Civis Global, Prace servizos y obras, Obras y servicios Gómez Crespo, Pradolameiro e Construcciones Orega.
Este mércores 13 de marzo reunirase a mesa de contratación para abrir as ofertas que presentou cada construtora.
NOVO NÚCLEO PARROQUIAL
Co acondicionamento do local social, o Concello pretende ir conformando o novo núcleo parroquial de Mourente, nos Campos onde están as pistas de petanca, o novo local Social e estará perfectamente conectado coa cidade a través da nova vía proxectada pola Deputación.
Este edificio son dúas estruturas distintas e construídas a distintas alturas: a casa dos mestres e a escola, coas que se fará unha gran aula. Estará separada por portas abatibles e un corredor polo medio que servirá de conexión entre ambos lados do edificio.
No caso de ser preciso retíranse as portas e créase unha gran aula cunha cabida para unas 80 persoas sentadas ou 120 de pé, ou ben dúas aulas independentes. En todo caso, está pensada para facer distintas actividades como cociña, conferencias ou exposicións.
Tamén haberá unha dotación de oficinas e almacén e farase un módulo de baños fóra do edificio pero conectado con este cun corredor acristalado. Finalmente, o edificio complétase cun bancada exterior para facer actividades ao aire libre, xa que tamén está previsto o acondicionamento da contorna.
O inmoble ten unha superficie construída de 263 metros cadrados e a súa rehabilitación levará aparellada unha actuación na contorna.
Relacionadas:
-
En marcha as obras de remodelación da antiga escola unitaria dos Campos
Por Redacción |
-
Comeza a obra do novo acceso a Monte Porreiro
Por Oskar Viéitez |
-
A creación do 'núcleo de centralidade' dos Campos, en marcha
Por Manu Otero |
-
Sacan a licitación o proxecto para crear o centro social dos Campos de Mourente
Por Redacción |
-
Carmela Silva e Lores presumen de lealdade institucional cun convenio para crear o centro social dos Campos
Por Redacción |