Retiran máis de catrocentos quilos de lixo da praia da Lanzada
Por Redacción
Un grupo de case sesenta voluntarios participaron esta fin de semana nunha xornada de limpeza na praia da Lanzada. A actividade estivo organizada por Abanca e Afundación.
Durante a xornada lograron recoller un total de 401,2 quilos de residuos. Os plásticos supuxeron a maior parte, con 386,2 quilos, mentres que os restantes se repartiron entre restos de madeira con compostos inorgánicos (28 quilos) e unha leve fracción de vidro (5 quilos).
Tras os labores de limpeza, os participantes realizaron unha ruta interpretativa capitaneada por expertos do Grupo Naturalista Hábitat co obxectivo de poñer en valor a riqueza natural que atesoura a zona e concienciar sobre a importancia de garantir a súa conservación.