Carballedo celebra o seu Domingo de Piñata con Antonio Fraguas na memoria
Por Redacción
Con disfraces tradicionais baseados nos estudos etnográficos de Antonio Fraguas, autor homenaxeado coas Letras Galegas 2019. Así participaron os veciños de sete parroquias de Cerdedo-Cotobade no tradicional Domingo de Piñata de Carballedo que, nesta ocasión, quixo ter un recordo especial para un dos seus veciños máis ilustres.
Así, veciños de Carballedo, Valongo, Almofrei, Caroi, Borela, Rebordelo e Vilanova, xunto con membros das escolas deportivas, recrearon disfraces e carrozas recollidas polo escritor cotobadés no seu libro "Do Entroido", publicado en 1994.
En total, centos de persoas participaron nesta festa de Entroido que acolleu o pavillón de Carballedo, onde houbo concursos de disfraces, inchables para os nenos ou diversas actuacións musicais.
A xornada incluíu ademais unha degustación de orellas, chulas e vinchas no comedor do colexio público da parroquia.
Relacionadas:
-
Cerdedo-Cotobade quenta motores para o Entroido con obradoiros de disfraces e carrozas
Por Redacción |
-
Chega a Cotobade "Amantes da Terra", o espectáculo que homenaxea a Antonio Fraguas
Por Redacción |
-
Carballedo acolle o Entroido Antonio Fraguas coa evocación aos disfraces tradicionais
Por Redacción |
-
Domingo de Entroido con festa en Cerdedo
Por Redacción |