Mourente despide o Entroido cunha boa ración de caldo
Por Redacción & Diego Torrado
Os amantes dun bo caldo tiveron esta fin de semana, como cada ano por estas datas, unha cita ineludible en Mourente. O campo da festa dos Areás acolleu unha nova edición, a número 28, da Festa do Caldo Galego.
A organización calcula que este ano se serviron unhas 5.000 racións deste prato imprescindible da nosa gastronomía na carpa habilitada para a degustación. O caldo, ademais, tivo prezos populares: 2 euros a cunca de caldo e 5 a de cocido.
A Festa do Caldo, que por primeira vez celebrouse baixo o distintivo de Festa de Interese Turístico de Galicia, contou coa cantante Tania Fuegho como teloneira e entre os asistentes, ademais de moitos veciños de Pontevedra, destacaron os visitantes portugueses.